O Rosal

O Concello de O Rosal sitúase na zona central sur da mancomunidade. Limita ó norte con Oia, ó leste con Tomiño, ó oeste co océano atlántico e ó sur con A Guarda e o Miño. Ten unha superficie de 44,1 Km2 e unha poboación de 6455 habitantes según o censo de 2014.

Dende o punto de vista turístico, O Rosal conta cun patrimonio natural e etnográfico inigualábel, onde destaca o val do Río Tamuxe, cheo de recunchos verdes paradisíacos, e a ruta dos Muiños do Folón e do Picón, destino elexido anualmente por miles de visitantes.

Muiños do Folón e do Picón

Categoría: Patrimonio arquitectónico e etnográfico

Localización: 41.96190207, -8.840902221

O conxunto histórico-etnográfico dos Muiños de Folón e de Picón esta formado por 67 muiños de auga en perfectas condicións, dispostos en fila nun enclave natural inigualábel. Foron declarados Ben de Interese Cultural no ano 1998, e na actualidade existe un sendeiro de pequeno recorrido recoñecido pola Federación Galega de Montañismo (PR-G-94)

Aula da natureza das Aceñas

Categoría: Patrimonio natural. Patrimonio arquitectónico e etnográfico

Localización: 41.92263028, -8.82560603

A Aula da Natureza do Muiño das Aceñas atópase nun antigo muiño de auga con vivenda de finais do século XIX, restaurado para servir de centro de interpretación da zona. Na beira do Rio Tamuxe, está rodeado por unha área recreativa de gran beleza no curso baixo do citado río.

Trátase dun enclave único para aqueles que busquen un espacio natural ó aire libre para o descanso, o esparcemento, pasear, andar en bicicleta ou pasar o día en familia.

Centro Etnográfico “Os Cabaqueiros”

Categoría: Patrimonio arquitectónico e etnográfico

Localización: 41.936995, -8.83628

O Centro Etnográfico “OS Cabaqueiros” sitúase nas inmediacións da Praza do Calvario, no centro da localidade de O Rosal. Nel podemos atopar unha exposición permanente en recordo dos telleiros rosalinos (cabaqueiros), considerados os herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon a comarca. Ofrece un recorrido histórico a través dun oficio ancestral practicado por moitas persoas dentro e fora de Galicia.

Sendeiro de Pescadores PR-G-112

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 41.92325201, -8.786015578

Constitúe un sendeiro natural de 7,2 km que percorre a ribeira do río Miño e o seu afluente o Tamuxe. Comeza na parroquia de Eiras e avanza ata a desembocadura do Río Tamuxe. O percorrido destaca polo seu patrimonio natural, a súa vexetación e os seus paisaxes.

O sendeiro está homologado pola Federación Galega de Montañismo como de baixa dificultade: PR-G112

Xacemento Arqueolóxico e petroglifos de Ghorghalado

Categoría: Patrimonio arqueolóxico

Localización: 41.9312, -8.7918

O petroglifo de Ghorghalado é unha mostra única do arte rupestre galaico. Teñen unha antigüedade de entre 3000 e 4500 anos. Destaca polo seu gran tamaño, pola profusión de motivos grabados e pola singularidade do soporte empleado, roca de tipo metamórfica do complexo Monteferro – O Rosal.