Oia

O Concello de Oia sitúase no límite norte da Mancomunidade do Baixo Miño. Limita ó sur co Concello de O Rosal, ó norte co Concello de Baiona, ó leste co Concello de Tomiño, e ó oeste co océano Atlántico. Ten unha extensión de 83 km2 e unha poboación de 3008 habitantes según o censo de 2015.

Dende o punto de vista turístico Oia destaca polo seu patrimonio natural e arqueolóxico. O ser a franxa atlántica máis extensa da mancomunidade, e debido á brusca transición de costa a montaña, Oia ofrece unha paraxe inigualábel para a práctica de multitude de deportes ó aire libre, tanto náuticos como de montaña, e é un destino idóneo para a práctica do parapente.

Por outra parte, no territorio do municipio podemos atopar multitude de castros e petroglifos, testigos de tempos moi antigos e en moi bo estado de conservación. Calcúlase que hai máis de 150 petroglifos en Oia.

Referente do municipio é o antigo Mosteiro de Santa María de Oia, mosteiro cisterciense que data do século XII e que atópase a poucos metros da costa. É Ben de Interese Cultural (BIC).

Oia é un destino inmellorábel para aqueles que busquen aventura, deporte, natureza, e historia.

Mosteiro de Santa María de Oia

Categoría: Patrimonio relixioso

Localización: 42.00281276, -8.876398716

Antigo mosteiro da órden do Císter, fundado no século XII. A primeira constancia documental do mosteiro data do ano 1137.

Ós monxes desta antiga abadía se lles atribue a introducción de novas labores na zona, entre elas a cría de cabalos en liberdade e o tratamento de enfermedades mediante o uso de plantas medicinais, para o que contaban cunha botica e unha horta.

Dende o punto de vista arquitectónico destaca o carácter medieval do conxunto, en sintonía coa austeridade que predicaban os monxes do Císter, así como a súa cercanía ó mar.

Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.

Na actualidade o mosteiro é de titularidade privada e existe un proxecto para convertilo nun complexo hoteleiro e de talasoterapia.

Pozas de Mougás

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 42.0605833, -8.8621

Na xeografía de Oia existen multitude de vales regados por pequenos ríos e arroios. O río Peito, na cara oeste da Serra da Groba, posúe multitude de pequenas fervenzas e pozas. Entre as máis coñecidas do municipio destacan polo seu tamaño e beleza as chamadas Pozas de Mougas. Son un destino habitual na época estival e compón unha área recreativa fluvial cun gran atractivo.

Castro e petroglifos de A Cabeciña

Categoría: Patrimonio arquelóxico

Localización: 42.05981667, -8.884633333

Trátase dunha das estacións arqueolóxicas máis interesantes do litoral de Oia. Está formada por dous elementos de épocas diferentes: os petroglifos e o castro.

No acceso á zona pódese contemplar unha serie de afloramentos graníticos, e neles, á esquerda, orientados ó Atlántico, xurden unha serie de petroglifos de en torno a 4000 anos de antigüedade.

Do castro cabe destacar os restos conservados do que foi a muralla defensiva da construcción. Na actualidade lévanse a cabo labores arqueolóxicas na zona.

O Pozo do Arco

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 42.00794172, -8.802555238

O Río Tamuxe da lugar nesta zona a unha serie de pozas naturais flanqueadas por muiños de auga recentemente restaurados, un paseo fluvial e unha área recreativa. Unha zona idónea para o descanso e o esparcemento en contacto coa natureza.

Pozas de Loureza

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 41.99907158, -8.811735428

Seguindo o curso do Tamuxe ata a parroquia de Loureza, o río xera pequenas fervenzas e pozas naturais que ofrecen ó visitante un entorno incomparábel para o baño e o descanso. Destaca a zona pola súa beleza natural e por as posibilidades de recreo que ofrece.