A publicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, significou un punto de inflexión na consideración da Atención Temperá. Dende o 15 de setembro do ano 2020 a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
De Luns a Venres de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:30
Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia. No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.