O Concello de A Guarda atópase no extremo máis austral da mancomunidade. Linda no seu extremo sur coa fronteira natural do río Miño con Portugal, ó oeste co océano atlántico, ó leste co Concello de O Rosal e ó norte co Concello de Oia.
Ten unha extensión de 20,5 km2 e unha poboación de 10193 habitantes según o derradeiro censo disponíbel (2015)
A vila de A Guarda está históricamente ligada o mar e á pesca.
Dende o punto de vista turístico conta cunha oferta moi variada, en parte debido á ubicación estratéxica que ocupa. Foi declarado Municipio de Interese Turístico no ano 2001.
Conta cun gran patrimonio natural e paisaxístico, mesturando o entorno fluvial da ribera e desembocadura do Miño, co entorno costeiro oceánico, que lle caracteriza polas suas pequenas praias e polo seu impoñente litoral rocoso.
O patrimonio arqueolóxico, cultural e etnográfico guardés é dos máis singulares de Galicia, e destaca como destino de interese turístico o Monte e Castro de Santa Trega.
Categoría: Patrimonio Arqueolóxico
Localización: 41.88859286, -8.870982557
O Monte de Santa Tegra atópase moi preto do centro da vila de A Guarda. É un dos puntos de interese turístico máis destacados do municipio. Dende o máis alto do monte o visitante pode disfrutar dunhas vistas panorámicas inigualábels, que abarcan a costa norte de Portugal, o último tramo e desembocadura do Miño e a costa Atlántica.
No Monte de Santa Trega podemos atopar o asentamento castrense de Santa Tegra, que data da Idade do Ferro. Tratase do referente máis importante da cultura castrense do noroeste peninsular. Foi descuberto no ano 1913 e declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931.
O municipio ofrece visitas guiadas para grupos. Ademáis contan co Museo Arqueolóxico de Santa Tegra, que completa a visita ofrecendo información sobre a historia e os traballos arqueolóxicos relacionados co asentamento.
Categoría: Patrimonio Arquitectónico e Etnográfico
Localización:41.90255117 ,-8.880182336
O Museo do Mar de A Guarda atópase nunha antiga fortaleza defensiva construida polos portugueses cando a vila estivo no poder de Portugal. Foi derribada do seu emplazamento orixinal en 1943 e reconstruida na súa ubicación actual, o porto de A Guarda, en 1997.
No seu interior o museo do mar ofrece ós visitantes información e contidos relacionados co mar, dende o punto de vista etnográfico, con elementos de pesca tradicional utilizados na zona, e biolóxicos, como unha importante colección de cunchas.
Categoría: Patrimonio Arquitectónico e Etnográfico
Localización:41.90450079 , -8.872814505
O Castelo de Santa Cruz é unha fortaleza defensiva ubicada na parte alta da vila de A Guarda. Forma parte dunha serie de fortalezas que se construiron no século XVII para conter a ameaza de reino veciño. Data do ano 1665.
No ano 1995 foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Foi recuperado polo Concello de A Guarda e dende 2014 está aberto o público.
Categoría: Patrrimonio arquitectónico e etnográfico
Localización: 41.90127658, -8.874073009
No corazón de A Guarda encontramos un casco histórico caracterizado polas súas casas tradicionais e as súas rúas estreitas. A Praza do Reló, onde se ubica a Casa do Concello, é o máximo expoñente do casco histórico guardés. Nas inmediacións podemos atopar os restos conservados do que na súa época foi a muralla da cidade. A Torre do Reló, na propia praza, foi construida o lado dun dos cubos da antiga muralla en 1570, e foi restaurada no ano 1730.
Para aqueles visitantes que quixeran disfrutar do paisaxe e das praias fluviais da desembocadura do Miño, o municipio conta cunha senda peatoal que percorre toda a costa dende a Praia do Muiño, en Camposancos, ó Porto da Guardia.
Trátase dun paseo de madeira que permite disfrutar dun paisaxe incomparábel de pinedos, dunas, praias, costa rocosa e a zona na que o Miño atópase co océano atlántico. Áltamente recomendábel para pasar un rato tranquilo, pasear ou disfrutar da posta do sol.