A prioridade máxima é coñecer os recursos habitacionais cos que se conta nas entidades locais galegas para acoller persoas refuxiadas.
Os datos recollidos serán facilitados á FEGAMP, que á súa vez porállos á disposición do Goberno Central que será quen coordine toda a acción humanitaria no marco da acción global de Europa.
Segundo informa o Goberno Central do Estado e a Comunidade Autónoma, debido á imposiblidade de asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se está a recoller nas entidades Locais, aconséllase reservalo para ser distribuído entre a poboación ucraína que se acolla na nosa Comunidade, en tanto non se reciban outras indicacións.
A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo: