O Concello de Tomiño atópase na zona central da Mancomunidade do Baixo Miño. Limita ó sur co Miño, o norte de Portugal e con O Rosal, ó leste con Tui e ó oeste con Oia. Ten unha extensión de 106,6 Km2, o que o fai o municipio máis extenso da comarca. Conta cunha poboación de 13662 habitantes según o censo de 2015.
Dende o punto de vista turístico Tomiño destaca pola súa oferta de espazos verdes para a práctica do deporte ó aire libre, o senderismo, o cicloturismo, etc. Así mesmo, poderemos atopar un bo catálogo de puntos de interese cultural e etnográfico repartidos nas súas 15 parroquias.
Cabe destacar o entorno da Praza do Seixo e o Mercado de Abastos, recentemente reformados, así como a Senda do Rio Miño que discurre pola beira do río dende o límite co Concello de O Rosal ata a ponte internacional.
Categoría: Patrimonio arquitectónico e etnográfico
Localización: 41.99126721, -8.743379864
A Praza do Seixo e o Mercado de Tomiño atópanse no centro da localidade de Tomiño, xunto á Casa do Concello. Tanto a praza como o mercado foron remodelados recentemente, e na actualidade son o centro da vida do Concello.
Na Praza do Seixo o visitante pode disfrutar dunha variada oferta hosteleira e dun espazo pensado para as persoas. Ademáis na actualidade a praza alberga 5 esculturas do I Simposio Internacional de Escultura do Miño, con obras de escultores de moi variadas nacionalidades.
O Mercado de Tomiño ofrece o visitante unha variada oferta de produto de cercanía, nun espazo totalmente renovado que vale a pena visitar.
Categoría: Patrimonio natural. Patrominio arquitectónico e etnográfico.
Localización: 41.93998887, -8.75243502
O Miño é protagonista no municipio de Tomiño, e ofrece un entorno natural privilexiado para aqueles que buscan espazos de natureza e actividade ó aire libre.
De recente creación, Tomiño conta cunha Senda fluvial que discurre paralela ó río, dende a Ponte da Amizade, ata o límite co Concello de O Rosal, onde conecta coa senda de dito concello.
No percorrido, chegando á praia fluvial de Goián, atopámonos co Espazo Fortaleza, unha antiga fortaleza ribereña recuperada que na actualidade ofrece un espazo recreativo moi preto da senda e do río.
Categoría: Patrimonio relixioso
Localización: 41.98676386, -8.750663066
A Igrexa Parroquial de Santa María de Tomiño atópase preto do centro da localidade. De estilo románico, foi igrexa dun antigo mosteiro benedictino. É un referente moi importante do románico da zona, a pesar das reformas que sufriu en torno ó 1809. Conta cunha soa nave e ábside rectangular, e a portada principal presenta catro arquivoltas sostidas por catro pares de columnas.
Categoría: Patrimonio arqueolóxico
Localización: 42.05426667, -8.73345
Situado na parroquia de Tebra, o Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón ofrece mostras de arte primitivo de gran relevancia europea. Neste caso particular, os gravados prehistóricos agrúpanse en dúas estacións principais, Portaxes e Real Seco, nas que encontramos un repertorio iconográfico composto por cazoletas, formas cuadrangulais, figuras animais e humanas, e sobre todo as impresionantes combinacións de círculos concéntricos. As do grupo 3 con 18 aneis concéntricos e 350 cm de diámetro son das maiores de Europa.
A Unión do Porvenir é unha das Escolas Indianas de Tomiño. Foi promovida en 1918 por unha sociedade de emigrantes tomiñeses en Nueva York, co obxectivo de promover a formación dos escolares con planteamentos progresistas e liberais, e promover actividades lúdicas e recreativas para as familias dos asociados.
O edificio quedou abandonado e en ruinas dende os anos 70 ata a primeira década do século XXI, no que iniciose a súa rehabilitación. Foi inaugurado no ano 2013.