Tui

O Concello de Tui sitúase na rexión máis septentrional da mancominidade. Limita ó sur con Tomiño, ó leste co Miño e Portugal, ó oeste con Gondomar e ó norte con Porriño. Ten unha extensión de 68,3 km2 e unha poboción de 16884 persoas según o censo de 2014.

Dende o punto de vista turístico, Tui é o segundo conxunto histórico en extensión de Galicia e conta con numerosos elementos de relevancia patrimonial. O casco antigo de Tui alberga moitos destos elementos, entre os que destaca a Catedral de Santa María de Tui, os restos da antiga muralla e as súas rúas e edificios que rememoran o seu pasado medieval.

Casco histórico

Categoría: Patrimonio arquitectónico e etnográfico

Localización: 42.04507842, -8.644263968

O casco antigo de Tui ofrécenos unha paisaxe de rúas estreitas e empinadas de tintes medievais e bonitos recunchos. Nelas podremos atopar antigas casas señoriais, restos da antiga muralla da ciudade, elementos da antiga presenza xudía e múltiples capelas e igrexas de diferentes estilos e épocas.

Na imaxe podemos ver a Igrexa de San Telmo, exemplar único do barroco portugués, que destaca pola súa planta circular, a súa cúpula gallonada e os frescos de principios do XIX.

O casco histórico de Tui é un referente turístico en Galicia, e merece unha visita pormenorizada a todos os seus recunchos. É idóneo para os apaixonados da arte, a arquitectura e a historia.

Catedral de Santa María de Tui

Categoría: Patrimonio relixioso

Localización: 42.04614389, -8.644935006

A Catedral de Tui empezou a construirse no ano 1120 e acabouse no 1180, en plena época do románico. O seu aspecto é eminentemente de fortaleza, con torres almenadas e paseos de ronda.

O longo da súa historia sufriu reformas importantes, principalmente de estilo Gótico. Un exemplo de isto é a fachada principal, que data de 1225. Outro elemento gótico da catedral é o seu claustro, o único medieval conservado das catedrais galegas. Data da segunda mitade do século XIII e é de estilo Gótico cisterciense.

Na actualidade pódense facer visitas guiadas á catedral e o museo catedralicio.

Parque Natural do Monte Aloia

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 42.08431713, -8.680075656

O Monte Aloia foi declarado Parque Natural no ano 1978, foi o primeiro parque natural de Galicia. Ten unha altitude de 700m e conta con varios miradores que ofrecen unhas vistas únicas do Río Miño o seu paso por Tui.

Conta nas súas ladeiras con restos prehistóricos e romanos, entre os que destaca o Castro de Alto dos Cubos.

Destaca ademáis polo seu patrimonio forestal, e constitue unha área de esparcemento para aqueles que buscan natureza, camiñar, andar en bicicleta ou disfrutar das actividades ó aire libre.

Beira do Rio Miño

Categoría: Patrimonio natural

Localización: 42.04452394, -8.643434593

A cidade de Tui está estreitamente ligada o Río Miño. Para aqueles que queiran disfrutar da ribeira tudense recomendamos o paseo fluvial que discurre dende a praia da Marina ata o parque do Penedo, entre a antiga muralla medieval e o Río Miño.

Ponte Romano da Veiga do Louro

Categoría: Patrimonio arquitectónico e etnográfico

Localización: 42.056502, -8.63432

Este antigo ponte é de orixe romano. Por él pasaba a Vía romana XIX que discurría cara ó norte ata Santiago de Compostela, para logo seguir cara a Lucus (Lugo) e Asturica (Asturias).

É paso obrigado para os Peregrinos do Camiño de Santiago Portugués. Na actualidade conta cunha área recreativa e un merendeiro.