A Mancomunidade do Baixo Miño atopase no extremo suroeste de Galicia, e está formada polos Concellos de:
- A Guarda
- Oia
- O Rosal
- Tomiño
- Tui
O territorio da mancomunidade abarca área costeira atlántica, área fluvial á beira do Río Miño ata a desembocadura, montañas, vales, … Este patrimonio natural únese ao enorme patrimonio cultural, arqueolóxico e etnográfico do territorio, conformando unha oferta turística moi ampla e variada.